Proxecto da Aceptación Universal de PuntoGAL

Que é a Aceptación Universal?
A Aceptación Universal (UA, polas súas siglas en inglés, Universal Acceptance) é un principio fundamental para garantir que Internet sexa verdadeiramente aberta e inclusiva. Aquí tes un resumo descargable para saber máis.

maio 2010

primeiro dominio en alfabeto non latino (árabe)

151

TLDS en alfabetos non latinos

1.396.000

nomes de dominio en alfabetos non latinos

febreiro 2012

fíxanse as regras de correo electrónico internacional

En que consiste a UA?

A UA é o estándar técnico polo que todos os nomes de dominio e enderezos de correo electrónico, independentemente do idioma, alfabeto ou lonxitude, deben funcionar correctamente en calquera aplicación, dispositivo ou servizo en liña.

Por que importa en Galicia?

Galicia ten o seu propio dominio .gal e forma parte dunha internet que cada vez usa mais alfabetos e extensións novas. Empresas, universidades e administracións que non adapten os seus sistemas quedaran fora dun internet verdadeiramente global.

Por que importa

Que garante a Aceptación Universal

Internet global
Máis de 1.200 TLDs novos e millóns de dominios en alfabetos non latinos requiren sistemas preparados.
Estándares ICANN
A UA é un requisito dos estándares internacionais de ICANN e do grupo de traballo UASG.
Código aberto
Ferramentas e guías abertas, adaptadas ao contexto tecnolóxico e lingüístico galego.
Inclusión dixital
Garantir que ninguén quede excluído de internet polo seu idioma ou alfabeto.

Aceptación Universal

Para quen é esta web

Recursos e guías adaptadas as necesidades de cada ámbito para facilitar a implementación da Aceptación Universal.

Empresas TIC
Desenvolvedores e software
Os teus formularios, sistemas de rexistro e APIs deben aceptar dominios e correos en calquera alfabeto. Comprobamos onde falla e como arranxalo.
Educación
Universidades e centros
Os sistemas de matricula, correo institucional e plataformas educativas deben estar preparados para estudantado e investigadores de calquera pais.
Videoxogos
Industria do videoxogo
Os rexistros de usuario, perfís e sistemas de pago deben soportar caracteres Unicode e dominios non ASCII sen excepcións.
Administración
Organismos públicos
A administración galega debe liderar a adopción de UA nos seus sistemas dixitais e servizos electrónicos aos cidadáns.
Comunicación
Medios de comunicación
Formularios de contacto, boletíns e sistemas de subscrición deben funcionar correctamente para usuarios de calquera lingua.
Ecommerce
Tendas e plataformas online
Os procesos de checkout, alta de clientes e email márketing deben aceptar enderezos e dominios internacionalizados sen perder conversións.

Ferramentas dispoñibles

Recursos para implementar UA

diagnóstico
Checklist de compatibilidade UA
Comproba paso a paso se os teus sistemas aceptan dominios internacionalizados, TLDs longos e correos non ASCII.
Documentación
Guía de implementación
Recomendacións técnicas do UASG adaptadas ao contexto galego para desenvolvedores e administradores de sistemas.
Ferramentas
Comprobadores en lina
Recursos do UASG e ICANN para verificar a compatibilidade UA dos teus sistemas: uasg.tech/eai-check e outros.

Proceso

Como participar no proxecto

01
Diagnosticar
Identifica os sistemas da túa organización que manexan dominios ou correos: formularios, rexistros, CRMs, plataformas educativas.
02
Reportar
Envíanos as barreiras que atopas a través do formulario. Cada caso axúdanos a mapear o estado real da UA en Galicia.
03
Implementar
Bótalle unha ollada ás achegas, á documentación e ás ferramentas do proxecto para adaptar os teus sistemas.