Videoxogos

Videoxogos – Que di ICANN

Como son os proxectos de Videoxogos UA-ready segundo ICANN?
Foto en branco e negro dun rato sen fíos negro de HP visto de perfil

Que di ICANN

Un proxecto de videoxogos é UA-ready cando permite que calquera xogadora poida rexistrarse, identificarse, recibir correos, participar na comunidade ou mercar contidos sen que o seu idioma, alfabeto, dominio ou enderezo electrónico sexa unha barreira.

ICANN non trata os videoxogos como unha categoría illada, pero si ofrece recomendacións directamente aplicábeis a este sector: calquera sistema con rexistro, login, perfís, correo, tendas, soporte, comunidades ou servizos online debe aceptar dominios e enderezos de correo válidos en calquera lingua, escritura ou lonxitude.

Para estudos, publishers, plataformas e comunidades de xogo, a UA afecta a puntos moi concretos: creación de contas, recuperación de contrasinais, validación de emails, chats, foros, newsletters, tendas internas, atención ao usuario e integracións con provedores externos. ICANN recomenda usar o UASG 026 UA Readiness Framework para revisar aplicacións e o UASG 004 Test Cases para probar dominios e correos en sistemas reais.

O Document Hub tamén recolle materiais relevantes para tecnoloxías habituais no sector, como o informe UASG 055 sobre librarías JavaScript -React, Angular e Node-, útil para launchers, webs, paneis de usuaria, tendas e ferramentas de comunidade. Tamén inclúe recursos sobre plataformas de identidade como Okta, Auth0 e OpenIAM, importantes cando o acceso ao xogo depende de sistemas de autenticación externos.Ademais, o Grupo Directivo de Aceptación Universal (UASG) ofrece exemplos de código UA-ready en Java, Python e JavaScript, así como materiais de sensibilización técnica sobre EAI dirixidos a comunidades de desenvolvedores. Son recursos útiles para incorporar a UA desde o inicio no desenvolvemento, sen esperar a que aparezan erros en produción.