Concienciación na UA, por Javier F. Fraga

A Aceptación Universal é o principio polo que todos os nomes de dominio e enderezos, independentemente do idioma, deben ser recoñecidos.
Fotografía en branco e negro de Javier F. Fraga

A Aceptación Universal é o principio polo que todos os nomes de dominio e enderezos de correo electrónico, independentemente do idioma, escritura ou lonxitude, deben ser recoñecidos e funcionar correctamente en todas as aplicacións, dispositivos e servizos en liña. Isto inclúe dominios en scripts nonlatinos e novos dominios de primeiro nivel (TLDs), como .gal.

A UA é esencial para garantir unha internet inclusiva e accesible para todos, sen importar lingua ou localización. Sen a UA, moitas persoas atopan barreiras para usar dominios ou correos electrónicos en idiomas diferentes do inglés, ou en grafías diferentes do alfabeto occidental, o que limita a súa participación en servizos en liña, plataformas dixitais e comunicación electrónica.

De cara o seu desenrolo, é necesario concienciar os fabricantes de equipos, os xestores de plataformas e os programadores da importancia de que as direccións de correo electrónico e páxinas “web” en grafías diferentes sexan, primeiro recoñecidas, despois tratadas, e finalmente debidamente encamiñadas as súas ubicacións lóxicas nos servidores correspondentes.


Este proceso non e sinxelo, e abrangue a toda a cadea de máquinas e procesos implicadas nas comunicacións electrónicas.

Non obstante, nestes tempos os profesionais encargados de estes procesos contan con unha ferramenta fundamental para axudarlles, que é a Intelixencia Artificial.

As aplicacións de tradución non son novas, pero a utilización da IA levounas a outro nivel, permitindo non só traducións simultáneas masivas, senón tamén recoñecemento de todas as grafías do mundo.

Na medida que estas ferramentas de IA de recoñecemento e tradución automática se integren nos sistemas de xestión de correo electrónico e servidores “web”, a súa xestión será mais áxil e segura.

Os deseñadores de equipos e aplicacións teñen por tanto un novo aliado para un completo e rápido desenrolo da UA.

Javier Fernández Fraga é Secretario técnico do COETGA.