Industria TIC

As industrias TIC – Que di ICANN

Como son as Industrias TIC UA-ready segundo ICANN?
Tarxeta gráfica de ordenador ASUS con dous ventiladores, en branco e negro

Que di ICANN

Unha empresa TIC é UA-ready cando o software que crea, integra ou mantén non rexeita dominios como .gal, novos TLD ou enderezos de correo en distintas linguas e alfabetos, e cando incorpora esta compatibilidade como requisito técnico desde o deseño do produto.

ICANN sitúa as industrias TIC no centro da implantación da Aceptación Universal: quen desenvolve, integra ou mantén software debe garantir que os sistemas acepten, validen, procesen, almacenen e presenten correctamente dominios e correos válidos, sexa cal sexa a súa lingua, escritura ou lonxitude. Isto afecta a webs, aplicacións, CRMs, ERPs, formularios, SSO, plataformas de correo, servizos na nube e ferramentas de atención a usuarias. 

Para este sector, ICANN recomenda revisar os sistemas propios e de terceiros con materiais específicos: o UASG 026 UA Readiness Framework, unha guía técnica para avaliar aplicacións; o UASG 004 Test Cases for UA Readiness Evaluation, con casos de proba para desenvolvedores; e recursos sobre EAI para comprobar se os servizos de correo admiten enderezos internacionalizados.

O Document Hub do Grupo Directivo de Aceptación Universal (UASG) tamén inclúe materiais moi prácticos para equipos técnicos, como exemplos de código UA-ready en Java, Python e JavaScript, documentos sobre linguaxes e frameworks, avaliación de ferramentas de correo e guías para administradores de sistemas. ICANN ofrece ademais formación técnica específica para desenvolvedores, administradores de sistemas e responsables de correo electrónico, con sesións sobre configuración EAI e desenvolvemento de aplicacións compatibles coa UA.