Que di ICANN
Unha asociación é UA-ready cando as súas ferramentas dixitais non exclúen persoas por usar dominios novos, nomes internacionalizados ou correos en diferentes linguas e alfabetos, e cando axuda a que a súa comunidade detecte, comunique e corrixa esas barreiras.
No caso dunha asociación, a UA afecta a ferramentas moi habituais: formularios de alta, bases de datos de persoas socias, boletíns, webs, intranets, plataformas de eventos, sistemas de inscrición, CRM, ticketing ou correo electrónico.
O Grupo Directivo de Aceptación Universal (UASG) tamén ofrece materiais pensados para divulgación e acción comunitaria. O UASG 038 explica a relevancia social da UA e destaca a súa importancia para que as persoas poidan acceder á Internet na súa lingua e escritura, tamén en comunidades locais. O UASG 003 UA Fact Sheet resume que é a UA, por que importa e como actuar.Ademais, hai recursos moi útiles para asociacións que queiran impulsar cambios: o UASG 001 UA Knowledge Base, con textos modelo para reclamar a unha web cando un dominio non funciona; o UASG 002 Webmaster Engagement Letter, para contactar con responsables web; e o UASG 008 UASG & Local Engagement, que propón un modelo para crear iniciativas locais de UA.



