Que di ICANN
Unha administración pública é UA-ready cando garante que calquera persoa poida acceder, identificarse, cubrir formularios, recibir comunicacións ou usar servizos públicos dixitais sen que o seu dominio, correo, lingua ou alfabeto sexan unha barreira.
ICANN sinala que a Aceptación Universal é necesaria para que todos os dominios e enderezos de correo válidos funcionen correctamente, con independencia da lingua, a escritura ou a lonxitude. No caso das administracións públicas, isto afecta directamente ás sedes electrónicas, formularios, rexistros, sistemas de cita, notificacións, correo institucional e servizos dixitais dirixidos á cidadanía.
O Grupo Directivo de Aceptación Universal (UASG) identifica expresamente as responsábeis públicos de tecnoloxía, contratación e desenvolvemento de servizos de administración electrónica como un grupo prioritario. A súa recomendación é incorporar a UA aos estándares públicos, aos criterios de contratación e aos requisitos dos servizos de e-administración.
As directrices máis recentes de ICANN tamén propoñen medir se existen políticas públicas de apoio á internacionalización, se os estándares nacionais están aliñados coa UA e se os pregos de contratación esixen sistemas preparados para aceptar dominios e correos en diferentes linguas e alfabetos. Tamén recomenda avaliar cantos servizos de e-goberno son realmente UA-ready.Ademais, ICANN conta cun grupo específico dentro do Governmental Advisory Committee, o UA-IDN Working Group, creado para tratar cuestións de Aceptación Universal e nomes de dominio internacionalizados desde a perspectiva dos gobernos.



